A natureza pega forte no Areoso. O mar, o vento e a chuvia actúan con vehemencia neste pequeno territorio encravado no centro da ría. Foron eles os responsables de que saíse á luz un tesouro pétreo que a area escondera durante varios miles de anos. Aconteceu hai algúns meses, cando os temporais e as mareas destapaban neste illote da Illa de Arousa un dolmen cuxa existencia estaba documentada pero que aínda non fora estudado, e deixaban tamén ao descuberto outras dúas estruturas pétreas descoñecidas ata o momento.
Non tivemos moita sorte, o tempo non nos axudou, houbo un enterro de mañán, e a verdade é que nos non somos moito de rezar...
Este é o vídeo sobre as badaladas reivindicativas do pasado día 31.
Gracias Dolores.
Por fin podemos poñer o vídeo da excursión a Santiago, pido disculpas pola calidade, pero como sabedes, en youtube non se pode ter vídeos moi longos, este dura aproximadamente uns 25 minutos. Polo de agora, podemos velo nesta páxina e tamén en youtube, xa que os da TVG non nos dan bola, podemos vernos desde aquí... Cando se faga a exposición de fotos, poremos tamén este vídeo con toda a calidade. (desculpade ao cámara, pouco se lle pode pedir con 12 anos.)